AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Coproducións: Na hora dos cans. Projeto NÓS/NOUS

De Ana Carreira
Nuno M. Cardoso, director

O Proxecto Nós/Nous é un proxecto pedagóxico internacional que pretende afondar no intercambio de cultura teatral entre Galicia, Portugal e Francia promovendo a profesionalización e internacionalización do alumnado das escolas superiores de teatro ao final da súa carreira académica, en contacto con creadores de renome internacional. Na actualidade participan a ESAD de Galicia, o Centro Dramático Galego a ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo), o Teatro San João, a ESTC (Escola Superior de Teatro e Cinema), o Teatro Nacional Dona María II, a ENSATT (Ecole Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre) e o teatro Les Celestines de Lyon.
O Proxecto Nós/Nous está baixo o paraugas do programa europeo Erasmus+ nun convenio K2 firmado entre os tres países, sendo Europa que subvenciona unha parte dos gastos derivados do Proxecto. Baixo o paraugas do Erasmus+ realizaranse tres espectáculos. No ano 2022 púxose en escena Tartufo de Molière con dirección de escena e adaptación de Tonán Quito, no ano 2023 presentouse Ifixenia de Tiago Rodrígues con dirección de Claudia Stavisky e en 2024 estréase o espectáculo Na hora dos cans cocreado por Ana Carreira, Nuno M. Cardoso e o equipo do proxecto Nós/Nous.
O espectáculo estará no Teatro Carlos Alberto de Porto ata o 9 de xuño, antes da súa estrea en Galicia o vindeiro 14 de xuño no Salón Teatro.


Ler máis

na_hora_dos_cans


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal