AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG en coprodución co PROXECTO A UTÓPICA RODANTE CON TEATRO Ó CUBO: De Vilatriste a Vilalegre


Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros
intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños. A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?


Ficha artística:
Dramaturxia: Roi Vidal Ponte
Direccion: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
Elenco: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
Escenografía: Beatriz de Vega
Vestiario: Carmen Pichel
Música: Brais das Hortas

vilatriste


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal