AGADIC

Centro Dramático Galego


INTERNATIONAL NIGHT GALICIA

Teatro. Festival Escenas do cambio 2024

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, TEATRUL EVREIESC (ROMANÍA), STADTTHEATER BRUNECK (TIROL DO SUR) E FIBIN-AN TAIBHDHEARC (IRLANDA)

Ao abeiro do proxecto europeo 'Phone. Dando ás linguas minorizadas unha voz', e en colaboración co Centro Dramático Galego, Escenas do cambio 2024 acolle a International Night Galicia, un evento especial que mostrará parte dos espectáculos en proceso que están a producir cada un dos países integrados nesta rede de teatros que buscan salvagardar e promover a diversidade cultural e lingüística en Europa. Unha pequena mostra da dramaturxia contemporánea europea en linguas minorizadas coa que celebrar tamén o 40 aniversario do Centro Dramático Galego.

Participan na International Night Galicia artistas procedentes de tres teatros nacionais de Romanía (Teatrul Evreiesc), Tirol Sur (Stadttheater Bruneck, Italia) e Irlanda (Fibin - An Taibhdhearc), como o director artístico Andrei Munteanu, o director Darach Ó Tuairisg ou a actriz Lisa Maurer. Unha velada na que poderemos ver e escoitar en escena tres linguas minoritarias e minorizadas en Europa: o yiddish, o ladino e o irlandés.

Phone conecta ás persoas que pertencen a unha minoría lingüística cos valores europeos máis aló das fronteiras culturais e de idioma. Unha colaboración que abre novos camiños para o sector teatral das linguas rexionais e minoritarias e mellora a súa posición a nivel nacional e internacional.


Ficha artística:

Stadttheater Bruneck (Tirol do Sur - Ladino)
Elenco: Sabrina Fraternali, Mirko Costa, Lisa Maurer
Equipo de dirección e dramaturxia: María Craffonara, Christine Lasta, Viktoria Obermarzoner

Teatrul Evreiesc (Romanía - Yiddish)
Elenco: Andrei Miercure, Mihai Alexandru Muriaru, Mihai Pintenaru
Equipo de dirección e dramaturxia: Andrei Munteanu

Fibin - An Taibhdhearc (Irlanda - Irlandés)
Elenco: Darach Ó Tuairisg
Equipo de dirección e dramaturxia: Philip Doherty, Darach Ó Tuairisg

Idiomas: galego, yiddish, ladino e irlandés

Duración: 60 min

Estrea absoluta



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal