AGADIC

Centro Dramático Galego


NAUTA TEATRO: O corazón na boca | Phone. Dándolles ás linguas minorizadas unha voz

Teatro comunitario. CDG en colobaración con FEGATEA e NAUTA TEATRO

Dramaturxia: Nauta Teatro
Dirección: Rafael Rey

O Salón Teatro acolle a estrea de O corazón na boca, o proxecto de teatro comunitario que o Centro Dramático Galego desenvolve en colaboración coa Federación Galega de Teatro (Fegatea) e a compañía Nauta Teatro, no marco do proxecto europeo Phone.

O espectáculo conta coa dramaturxia de Nauta e dirección de Rafael Rey e nel participan trece actores e actrices membros dos diferentes grupos de teatro amador asociados á Fegatea. Os aderezos e vestiario desta peza realizáronse no marco da colaboración cos diferentes ciclos formativos do IES A Pinguela de Monforte.

O domingo 28 ás 12:00h haberá unha nova oportunidade de asistir ao espectáculo. As entradas son gratuítas e poderán retirarse na billeteira dende unha hora antes de cada función.


Elenco: Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)
Colabora: IES A Pinguela de Monforte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal