De Tiago Rodrigues
Claudia Stavisky, directora
NÓS/NOUS é un proxecto internacional que pretende ampliar o intercambio da cultura teatral entre Francia, Galicia e Portugal, asumíndoo como un territorio escénico común. Levado a cabo por catro teatros e por catro escolas superiores de arte dramática, promove a profesionalización e internacionalización de estudantes na fin do período académico, a través do contacto con creadores de renome internacional. A edición de 2023 conta coa dirección de Claudia Stavisky.
Proxecto financiado polo programme européen Erasmus + K2
Duración: 1h15
Espectáculo en linguas galega, portuguesa e francesa