En colaboración coa Aceleradora de Proxectos Musicais Sonemerxente da Fundación Paideia e a Xunta de Galicia (con financiamento dos fondos NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia)
Precursora do galenglish, hdyn introdúcenos nun mundo de fantasía, lume e escuridade. hydn crea o que defie como "main character", unha música que, como ela mesma di, "é unha especie de dark pop electrónico con influencias do dark RnB, pero en realidade gústame xogar e beber de moitos máis xéneros".
Cun son inspirado por artistas tan diferentes como The Weeknd, Bring Me The Horizon, Ghostemane, Tove O, Halsey, Ashnikko t Two Feet, entre moitos outros, hdyn crea un personaxe co que xoga co medo ao diferente e o desexo por iso. Descubrindo os nosos desexos e segredos máis ocultos e xogando cos límites da moralidade, esta artista preséntanos unha viaxe sonora única e experimental.