Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como unha alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos vana colocar no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.
Acceso ao espectáculo
Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller un convite por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Centro Obra Social Abanca, Praza de Cervantes, s/n, Santiago) os mesmos días de celebración de Galicia Escena PRO, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.