Sofá é unha sitcom de danza con teatro, circo e música en directo.
Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son dous fervellos e a parella que menos usa o sofá. Non son capaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo no que bailen cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas ou descansar. Pero non logran comezar o espectáculo. Calquera interrupción é un bo motivo para seguir nun bucle cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a unha mesma e abrazar a incerteza, o baleiro. Parar para empezar o espectáculo, acabar para comezar.
Acceso ao espectáculo
Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller un convite por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Centro Obra Social Abanca, Praza de Cervantes, s/n, Santiago) os mesmos días de celebración de Galicia Escena PRO, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.