AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG en coprodución con aANTENA: Relato para un incendio

Premio Bolsa de dramaturxia e creación 2021

Autoría: Ernesto Is
Dirección: Xosé Leis

Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha galega queira reducila a cinsas?

Relato para un incendio de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes, afastados no tempo, pero conectados entre si polo lume e o ritual: os estudos etnográficos do antropólogo danés Gustav Henningsen na década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016; todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país.


Ficha artística:
Elenco: Manu Fernández, Victoria Pérez e Isabel Risco
Dirección: Xosé Leis
Deseño de Espazo escénico e Iluminación: José Manuel Faro "Coti" e Montse Pinheiro
Espazo sonoro: Xabier Romero
Vestiario: Mar Fraga
Coreografía: Noa Seixo
Audiovisuais: Dani Viqueira

relato_para_un_incendio


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal