AGADIC

Centro Dramático Galego


INVERSA TEATRO en coprodución co CDG: O péndulo

Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Autoría: Marta Pérez e Ernesto Is

Esta obra de teatro-documento amósanos como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza. Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.


Ficha artística:
Compañía: Inversa Teatro (en co-produción co Centro Dramático Galego, a MIT de Ribadavia e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra)
Xénero: teatro contemporáneo
Autoría: Marta Pérez e Ernesto Is
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Elenco artístico: Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila
Escenografía e vestiario: Inversa Teatro
Deseño de son e música: Jesús Andrés Tejada
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Idade recomendada: público adulto
duración: 70 min

pendulo


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal