Dirección e dramaturxia: Lois Blanco
Autoría: Roberto Vidal Bolaño
O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto, aos tres homes cos que compartiu os seus sentimentos, os seus soños e as súas ilusións. Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida en común se deu, relembran o que foi a súa existencia e as razóns que levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde hoxe está.