AGADIC

Centro Dramático Galego


CIA. HELENA SALGUEIRO en coprodución co CDG: Come and go


Dirixida e producida pola directora escénica, performer e escritora Helena Salgueiro, Come and go é unha adaptación da obra homónima de Samuel Becket. A peza conxuga danza, teatro, perfomance, cinema en directo e instalación visual nunha coreografía que investiga o tempo, o xesto e a linguaxe a partir dunha das pezas máis minimalistas do autor irlandés.

Dentro dunha estética minimalista e expresionista, nun non-lugar onde o tempo parece distenderse, tres mulleres conversan con linguaxe e xestos, formando unha coreografía espacial, arrodeadas de imaxes fragmentadas, fotogramas e sensores de movemento.

* Representación accesible para persoas con dificultades visuais e auditivas: contará con interpretación de signos e audiodescricións, ademais de estar conformada para respectar as audiencias con pouca tolerancia á escuridade e aos ruídos.
Asemade, o espectáculo ten o selo Green Theatre, sen xeración de plásticos, e con elementos orgánicos e biodegradables no espazo escénico, no vestiario e no proceso de ensaios.


Ficha artística: Dirección e produción: Helena Salgueiro
Texto orixinal: Come and Go de Samuel Beckett
Elenco: Helena Salgueiro, Iria Sobrado e Ana Gesto
Música orixinal: Atzi Muramatsu
Gravación para o apoio de cinema: Marcos Montiel
Apoio do sensor de movemento e da iluminación: colectivo técnico-artístico MOM

comeandgo


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal