AGADIC

Centro Dramático Galego


ImproVersións A Peste

Versións improvisadas sobre a montaxe do CDG A peste, de Albert Camus

Dirección: Antón Coucheiro
Elenco: Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lled

A impro toma o Salón Teatro. Todos os luns, ás 20.00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, o CDG ofrece accións escénicas improvisadas para promocionar a súa nova produción A peste. Representarase un espectáculo diferente cada semana.

As pezas inspiraranse na temática e na atmosfera de A peste, así como nas suxestións do público, para realizar variantes libres e aloucadas arredor do clásico de Albert Camus. Ademais, utilizarase a escenografía, o atrezzo e a iluminación da montaxe.


Ficha artística:
Dirección: Antón Coucheiro
Elenco: Antía Costas, Marta Doviro, Arturo Cobas, Pablo Navas, Antón Coucheiro e Cayetano Lled
Dirección escénica: Alfonso Medina
Iluminación e son: Aitor Garuz

improversions


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal