Organiza: Pistacatro
Murmullo, é ese rumoreo na orella, unha voz que nace dentro e que está formada por todo o que nos fai ser quen son; as nosas vivencias, medos, traumas, inquietudes...
É a maleta que todos cargamos ás costas e a miúdo é unha pesada carga da que nos queremos liberar.
Con sorte podes atopar unha persoa coa que compartir parte dese peso, coa que camiñar da man, un cómplice, un amigo.
A obra convida o espectador a mergullarse dentro deste concepto. Establecendo un diálogo artístico entre os intérpretes, os diferentes elementos que compoñen a escena e o público.
Murmullo é unha peza de circo, danza contemporánea, manipulación de monicreques e música en vivo para todos os públicos e ideada para ser representada en espazos non convencionais e sala.