Organiza: Pistacatro
Fil é o primeiro espectáculo de longa duración da compañía Madame Gaüc, unha creación de circo contemporáneo que combina elementos do teatro e as artes do movemento.
Fil é unha creación que explora as relacións humanas a partir dunha linguaxe universal: o físico. Dous personaxes embárcanse nun xogo de tensións entre a realidade e a ficción, a razón e a emoción, para proxectar un imaxinario co que captan a complicidade do público. Un espectáculo poético, reflexivo e próximo, no que os equilibrios sempre están presentes.