Organiza: Pistacatro
A través do corpo, acrobacias de risco, monicreques inacabados, obxectos, surrealismo e un inquietante xogo de luces e sombras dirixido cun luminofon, dous artistas de circo contan unha historia baseada en feitos reais: unha viaxe a unha cova descoñecida rechea de humor acedo e de imaxes belas e sinistros que golpean directamente o inconsciente do espectador.
Inmersos na escuridade, o silencio e nunha inquietante sensación de delirio, a cova convértese nun templo, un teatro, unha garaxe, unha pantalla, un espello dentro do espello. Un espazo onde os protagonistas desdibuxan as fronteiras do que son para entregarse xenerosamente ao público, nun simulacro máis da súa existencia.