AGADIC

Centro Dramático Galego


VAIEMBORA en coprodución co CDG: Cariño

Texto orixinal: Montse Fajardo
Dirección e dramaturxia: Diego Chamizo

Sara é a protagonista desta historia. Unha muller cun pasado de violencia dentro dunha relación. Sara narra a súa historia afastándose do vitimismo e facendo autocrítica nunha peza documental, onde os sentimentos adolescentes son postos en valor deixando atrás o sentimentalismo e analizando unha nova forma de amar lonxe da forma na que foi educada.

Cariño realiza unha viaxe para cuestionar os referentes actuais do amor romántico, os celos e a posesión dentro dunha parella adolescente. Trátase dunha posta en valor daqueles sentimentos que marcan a vida e aos que ninguén lles presta atención porque "son cousas da rapazada". A protagonista, Sara, deixa o sentimentalismo aparte para facer autocrítica e análise da relación que a levou cara ao fondo do precipicio e do que conseguir volver grazas á axuda psicolóxica e os auto-coidados.


Ficha artística:
Texto orixinal: Montse Fajardo
Dirección e dramaturxia: Diego Chamizo
Interpretación: Grial Montes
Escenografía: Carmen Casal e María Torres
Iluminación: Violeta Martínez
Vestiario e deseño gráfico: David Vila
Coreografía e asistencia de interpretación: Sofía Rodal
Caracterización e asistencia de vestiario: Alberte Bello

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal