AGADIC

Centro Dramático Galego


SARABELA TEATRO E OLLO VIVO: Semente de Nós

Dramturxia e dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Co-dirección: Tito Asorey

O Boletín NÓS cumpre 100 anos.

Para conmemoralo, desde o seu berce fundacional, Sarabela teatro e Ollovivo co-producen este Docu-Drama: celebración-indagación vizosa e crítica de enorme interese social e cultural.

Desde unha perspectiva contemporánea este proxecto achega, actualiza e espalla unha parte representativa do legado inxente de NÓS. Trátase de amosar (con alegría e vontade) á mocidade e á cidadanía de onde vimos, tal e como eles fixeron cos seus coetáneos. Para celebrar o amor, a arte e a beleza, a cultura e a ciencia, a memoria e a esperanza.

Ensámblase un rico contexto videoplástico e audioplástico: músicas, anacos de filme, video-creación... Todo ese variado repertorio de son, interpretación, danza, imaxes e datos testemuñais, xúntanse con breves conversas dos personaxes da ficción.

Sumando sinerxías creadoras nunha proposta única. Unindo todo o talento de dous equipos ben coordinados e harmonizados. Apertando xéneros e linguaxes. Sumando artes do movemento, visuais, plásticas e escénicas. Crendo neste proxecto que nos move e conmove.


Ficha artística:
Dramturxia e dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Co-dirección: Tito Asorey
Elenco: Rosa Puga, Fernando Dacosta, Alberto Medeiros, Santi Cuquejo, Fran Lareu, Fernando González, Elena Seijo e Nuria Sotelo.
Equipo audiovisual:
Dirección: Lucía Estévez
Video-arte: Montse Piñeiro
Música: Trilitrate

semente_de_nos


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal