AGADIC

Centro Dramático Galego


CURTOCIRCUÍTO 2021

XVIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE


PLAYLIST
> 06 de outubro | 17.00 horas
É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

Hier
Aquí
Wendelien van Oldenborgh
2021 | 28:00 | Países Baixos | DOC |COR
Aquí (2021) móvese con fluidez entre as reflexións con carga política e os recordos persoais a través dunha constelación de voces e material lírico. No Museo de Arnhem (Países Baixos) durante a súa renovación —un lugar de conservación en transición— atopamos un elenco de mulleres novas que se expresan a través da música, a poesía e o diálogo. Xuntas exploran con sensibilidade temas como o hibridismo, a transnacionalidade e as sensibilidades da diáspora: esencialmente, a instrumentalización política da identidade e a renovación cultural no medio das persistentes reverberacións da historia colonial na sociedade contemporánea.

Stop
Stop
Stanley Sunday
2021 | 55:00 | España | FIC | COR
O infortunio fai que o grupo musical Doble Pletina sexa condenado a realizar servizos á comunidade nun misterioso parque de Barcelona. O director Stanley Sunday desprega o seu universo singular, fantástico e libremente absurdo nesta enxeñosa comedia musical protagonizada pola banda barcelonesa Doble Pletina. Stop inclúe catro cancións orixinais do grupo, producidas por Hidrogenesse.

- - - - -

LONGAS X CURTO
> 07 de outubro | 17.00 horas
Creada en 2020, esta sección paralela está dedicada a amosar algunhas das longametraxes máis interesantes do realizadas por autoras que o festival seguiu desde os seus inicios. Nesta decimoctava edición, Longas x Curto reúne tres apostas radicalmente diferentes de cineastas que abordan a ficción y o documental desde propostas incisivas e formalmente arriscadas. Desde a ficción histórica de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que relata as desventuras duns mariñeiros fuxidos coas velas de Colón nas Illas Canarias, ata o repaso punk (en fondo e forma) de Kikol Grau á escena musical dos últimos corenta anos á que aínda lle doen as cicatrices do franquismo; ou a ópera prima de Erin Vassilopoulos, un thriller psicolóxico que se move entre referencias velvetienas ao David Lynch ou unha stoner movie, e onde dúas irmás xemelgas mesturarán as súas vidas nunha viaxe estática ao interior dos seus medos; nunha sección que pecha Guillermo Benet, cunha longametraxe inspirada en aquela curta seleccionada en Curtocircuíto 2018, nun asfixiante formato cadrado que reconstrúe o recordo borroso dunha noite de desaloxos e disturbios para abordar temas como a lealtada, a pertenza de grupo e a verdade.

Los Inocentes
Os Inocentes
Guillermo Benet
2020 | 100:00 | España | FIC | COR
A policía desaloxa un concerto nun centro social. Durante os altercados posteriores, o impacto dunha pedra mata un axente. Quen lanzou a pedra? Quen o saben? Por que calan? Esta é a historia das persoas que viven coñecendo as respostas. É a historia do seu silencio, da súa covardía e mais da súa culpa.

- - - - -

PÚLSAR
> 6 outubro | 21:00 h
Autodestruirse para existir
Brais Romero Suárez
Duración: 83m 35s

Toys on Fire
Xoguetes en chamas
Caroline Poggi
2016 | 01:00 | Francia | FIC | COL
Durante as vacacións os rapaces da vila reúnense no centro de animación para xogar xuntos.
Estrea en España

Le malentendu
O malentendido
Caroline Poggi, Jonathan Vinel
2020 | 09:00 | Francia | VIDEOCLIP | COL
Dúas mulleres viven o final da súa amizade. Unha misteriosa cerimonia volverá unilas de novo.

Notre amour est assez puissant
O noso amor é o suficientemente poderoso
Jonathan Vinel
2014 | 09:00 | Francia | ANI | COL
Unha parodia da imaxinería bélica dos xogos de disparos en primeira persoa, como Doom, que desborda o romanticismo das imaxes dun tigre "weerasethakuliano" xerado por ordenador.

Notre héritage
O noso legado
Caroline Poggi, Jonathan Vinel
2015 | 24:11 | Francia | FIC | COL
Lucas é o fillo do afamado pornógrafo Pierre Woodman. Velaquí a súa historia.

Martin pleure
Martin chora
Jonathan Vinel
2017 | 16:24 | Francia | ANI, EXP | COL
Imaxina que un día te ergues e todos os teus amigos desapareceron. Os amigos que terían que estar non están. Entón, buscas, buscas por todas partes: en cada acocho, en cada recuncho da cidade, en todos os pantanos, en todos os ríos. Buscas pero non os atopas.

Chiens
Cans
Caroline Poggi
2013 | 24:00 | Francia | FIC | COL
Nun país de montañas e bosques, un rapaz xa non recoñece os seus cans.
Estrea en España

- - - - -

TERRA
> 08 de outubro | 17.00 horas
Sección non competitiva adicada a cineastas de Galicia que teñan unha obra consistente e personal.
Enar de Dios Rodríguez (1986, Ourense) é unha artista visual cunha obra interdisciplinar que inclúe o vídeo, a fotografía e a instalación. Na súa práctica artística o proceso de selección de material audiovisual e textual serve como punto de partida para a súa exploración poética e a súa aplicabilidade política. Os seus proxectos máis recentes centráronse na producción do espacio, prestando atención ás consecuencias socio-políticas e medioambientais. A súa obra mostrouse en lugares tan diversos como o Contemporary Jewish Museum (San Francisco), Project Space (Melbourne), a mochila dun amigo, Kunsthalle (Viena), o 45 Salón Nacional de Artistas (Bogotá), e tamén en festivais como DokuFest (Prizren) ou this human world (Viena). Recibiu numerosas bolsas e premios como a bolsa de produción Pixel Bytes + Film, o premio de arte contemporánea Murphy and Cadogan ou a bolsa DKV Seguros-Álvarez Margaride. Enar é co-fundadora do proxecto científico-artístico SEEC Photography e membro de The Golden Pixel Cooperative.

Fortress Europe - Promotional Video
Fortress Europe - Promotional Video
Enar de Dios
2018 | 04:00 | Austria | DOC, EXP | COR
Fortress Europe - Promotional Video pertence a un corpo de traballo que investiga a industria privada que se esconde detrás e que se beneficia das fronteiras exteriores da Unión Europea. Este vídeo está construído unicamente con imaxes atopadas de vídeos promocionais de empresas privadas que, por un lado, son financiadas por Frontex para realizar produtos relacionados coa seguridade das súas fronteiras e, por outro, son algúns dos maiores fabricantes e exportadores de armas de Europa. En definitiva, Fortress Europe (vídeo promocional) é un poema visual que revela as ideoloxías que hai detrás destas empresas, ao mesmo tempo que reflexiona sobre cuestións como as actuais tecnoloxías de seguridade, a produción do espazo e as súas consecuencias.
Estrea en España

So Is This
So Is This
Michael Snow
1982 | 48:00 | Canadá | DOC, EXP | COR, B&N
Realizada durante o apoxeo do apaixonamento da teoría cinematográfica polos aspectos textuais do medio e das complexas aproximacións semióticas á linguaxe do cine, a película é un texto onde cada plano é unha soa palabra, letras brancas fortemente enmarcadas sobre un fondo negro. Snow consegue desfamiliarizar tanto o cine como a linguaxe e entra no debate contemporáneo sobre se o cine é ou non unha linguaxe.

- - - - -

SUPERNOVA
> 09 de outubro | 17.00 horas
Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre as primeiras experiencias cinematográficas e os circuítos profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.

YA ES MAÑANA EN AUSTRALIA
XA É MAÑÁ EN AUSTRALIA
Noemí Parga Iglesias
2021 | 17:50 | España | DOC | COR, B&N
Reflexión ao redor do que queda e o que nos transforma tras o fracaso dun amor chamado "o gran amor", a través dun gran cambio e todo o seu proceso, en contraposición á miña propia vida presente e pasada que ancoran nunha ollada que muta e no reflexo de verse a un mesmo nunha conversación pola autocompracencia e o perdón.

que nos pillen ben peinadas.2020
que nos pillen ben peinadas.2020
Nadia Sniba
2021 | 27:50 | España | DOC | COR
O documental toma como título unha canción de Terbutalina. Do mesmo xeito que esta, fala do carpe diem nun ton embriagado e de comedia, e utiliza tópicos de máis para tratar os temas que sempre levaron á reflexión á mocidade: o deber, o amor, o vicio e a morte. Ao final si que nos pillou despeitedas a pandemia, pero este é o recordo duns amigos que creceron xuntos e o final dunha etapa.

RAKEL
RAKEL
Aarón Vilariño
2021 | 09:28 | España | FIC | COR
Rakel vive soa co seu fillo nun piso de protección oficial. A precariedade laboral, xunto coa presión exercida pola súa nai e mais a sociedade no seu conxunto, obrigarana a explorar os seus propios límites.

O que queda de nós
O que queda de nós
Miguel Gómez Abad
2021 | 16:30 | España | FIC |COR
Unha rapaza e mais a súa nai sempre saen xuntas a cazar. Ela goza con iso e é moi boa coas armas, pero a nai pensa que aínda non está preparada. Durante unha xornada de caza perden os cans e todo comeza a complicarse.

Galego á Medianoite
Galego á Medianoite
Martín Caínzos Sanmartín
2021 | 12:16 | España, Xapón | EXP, FIC | COR
Suyin e Billy son dous estudantes chineses que están de intercambio no Xapón. Na última semana alí, descobren un estraño sinal de televisión que parece estar a falar da fin do mundo e só se reproduce pola noite. Ambos se obsesionan por descifrar esa mensaxe que está nun idioma que nunca antes escoitaran.
Estrea en Galicia

Génesis
Xénese
Ester G. Mera
2021 | 11:25 | España | FIC | COR
El atópase con Ela nun motel. Non sabemos de onde veñen, quen son ou que fan aí, pero nin nese espazo poden escapar dos seus demos. Ela está embarazada e hoxe é o día en que El o vai saber. A partir de semellante revelación, ambos se van precipitar a un enfrontamento directo, no cal as posturas irreconciliables darán paso ao conflito.

O Burato
O Burato
Marcos Montiel
2021 | 13:35 | España | DOC | COR
O Burato non pretende outra cousa que ser un exercicio de memoria. Unha pequena construción poética que se adentra no mundo subterráneo da free party, botando unha ollada subxectiva a un movemento cultural que normalmente elude ao público maioritario.
Estrea mundial

Ratatouille
Ratatouille
Sol Mussa
2021 | 16:00 | España | DOC | COR
Interior dunha cociña industrial onde se reflicten as condicións laborais dun Londres que non se ve.

O intruso
O intruso
Ariadna Silva Fernández
2021 | 14:20 | España | DOC | COR, B&N
Unha cineasta fai un videorretrato da súa avoa Carmen, quen lembra como foi o día en que un home entrou na súa casa para roubar as xoias que gardou durante toda a súa vida. Porén, non é o único intruso que aparecerá coa intención de arrebatarlle outra parte dela.


Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal