Dirección e interpretación: Ramiro Neira
Texto: Lidia Fraga
A Fundación Rogelio Groba achéganos O neno Groba e Música, peza teatral na que se fai unha viaxe polas vivencias do compositor e director Rogelio Groba, desde a súa primeira infancia ata a súa volta ao lugar natal transportándonos así a esa Galicia profunda e máxica onde comezou a súa vocación musical, e onde despois de moitos anos, coa súa volta a Ponteareas, volveu atopar á pequena Música, xunto con
"todos aqueles sons que tanto amaba: o canto dos paxaros, o rumor da auga e do vento...A música da natureza, da súa infancia nunha pequena aldea do abeiro do máxico monte de San Cibrao".