AGADIC

Centro Dramático Galego


COLECTIVO OCTOPUS TO THE PARTY: Mostra aberta Octopus to the party


Este venres 23 de xullo o Colectivo Octopus to the party remata as súas tres semanas de residencia combinada entre a Cidade da Cultura de Galicia e o CDG cunha mostra aberta no CDG - Salón Teatro ás 20 horas, cun proxecto do mesmo nome que aborda desde unha óptica transdisciplinar o concepto de festa como elemento vertebrador social indispensable, actualmente en crise pola pandemia que estamos a vivir, situándonos nun contexto inquietante que eles sintetizan con estas palabras a modo de sinopse: "Congresos de vehículos non tripulados con traxes que semellan persoas, tobogáns inaccesibles e unha inquietude promovida pola falta dunha boa festa desembocan nunha exploración da troula nun futuro incerto."




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal