AGADIC

Centro Dramático Galego


Galicia Escena PRO 2021

ACCESO SÓ PARA PERSOAS ACREDITADAS EN GALICIA ESCENA PRO


Luns 7 | 11 h
Stracciatella Teatro
…e poñerán esposas ás flores... (80 min)
…e poñerán esposas ás flores… é un texto de Fernando Arrabal nunca antes representado nun teatro de xeito profesional. Situada na posguerra española, inspírase no caso de Julián Grimau, executado en 1963 polos seus crimes cometidos durante a guerra civil, uns 25 anos antes. A peza teatral fai coincidir este feito coa chegada do home á lúa para facernos reflexionar sobre a liberdade do ser humano, que é capaz de facer cousas fermosas como chegar á lúa ou cousas terribles como dispararlle o tiro de graza a Lorca no cu. Situada dentro do drama surrealista con tinturas cómicas, reflexiona sobre a grandeza do amor, da liberdade e da xustiza.

+info do espectáculo

- - - - - - - - - -

Martes 8 |10 h
Marta Alonso Tejada
Bailar agora (70 min) Bailar agora é unha sorte de imperativo cara a un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e a emoción que compartimos aquí e agora bailando.
A danza, o humor e a proximidade co público xeran unha atmosfera particular do cotián, o natural, o común e o esperanzador que se comparte na escena.

+info do espectáculo

- - - - - - - - - -

Martes 8 | 20 h
Incendiaria
Microspectivas dun marica millennial (65 min)
A crecente (re)aparición e a aparente (re)afirmación social de ideoloxías que atentan contra a vida e os dereitos das persoas LGTBIQA+ xeraron en nós un estado de shock que nos levou a reflexionar sobre os momentos da infancia que afectaron á hora de construírnos como persoas. Microspectivas dun marica millennial é unha reivindicación da memoria, do respecto polo amor e pola vida; un tempo desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade. O resultado é unha viaxe sensorial que se move polos lindes da performance, a instalación, o concerto e as artes do movemento.

+info do espectáculo

- - - - - - - - - -

Mércores 9 | 18 h
Pistacatro
Drop (65 min)
Onde residen os obxectos? Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Persoas que desenvolven unha calidade especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida. Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara os malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.
Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nós. E, durante unha hora, se non cae o mundo, farannos saír do chan e volver caer para lembrarnos que isto da vida non é máis que un xogo.

+info do espectáculo

- - - - - - - - - -

Xoves 10 |20 h
Voadora
Othello (90 min)
Othello é vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Esta mentira xorde da inseguridade e da crenza de entender como propio o que non se pode posuír.
#BlackLivesMatter, #NinUnhaMenos, #Posverdade e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde 2013, morreron 1.053 mulleres asasinadas pola violencia machista.

+info do espectáculo


Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal