AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO DO NOROESTE: As virxes salvaxes

Autoría, dirección e adaptación: Eduardo Alonso

As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.
Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Mais chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, e é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.

Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.

De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.


Ficha artística:
Autoría, dirección e adaptación: Eduardo Alonso
Elenco: Luma Gómez, Elina Luaces, Amalia Gómez, Imma António, Ana Santos, Manuela Varela, Miguel Pernas e Fernando González
Deseño de escenografía e vestiario: Equipo Taetro
Deseño de son e iluminación: Eduardo Alonso
Música: Eduardo Alonso
Produción e deseño gráfico: Eva Alonso

virxes_salvaxes

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal