Lecturas complementarias sobre exilios e migracións.
Julio Fer fala de Anxos a abandonados, sen refuxio. A palabra refuxio procede do latín refugium, que significaba acción de fuxir en retroceso. Eventualmente, refugium era tamén a saída secreta dunha casa. Con todo, chamamos refuxiados aos que foxen cara a adiante porque non teñen onde volver. E chamamos refuxio ao que, en realidade, é un cárcere, ou un campo de concentración sen horizontes nin auga potable.
Rubén Pombo, Sr. López fala das emigrantes e migracións. "Deixar o propio país ou o lugar de orixe. Son Manuela Rodríguez e son George Floyd. Son unha muller embarazada camiño de Europa no medio do Mediterráneo. O meu corazón é negro e sinto dor. Teño medo. Moitísimo medo. Política do século XXI con agochadas palabras. Violencia. Violencia de sempre. Hai un galego na lúa? Estou no medio do océano. Escuro."