AGADIC

Centro Dramático Galego


RESIDENCIAS CRUZADAS: Diana Sieira. The Witch + Helena Salgueiro. Ferro, Federici

Encontro co público o 16 de marzo ás 18.00 h.


Lecturas comúns e complementarias dun corpo de bruxa.

O 2020 foi un ano convulso a moitos niveis pero, como todo annus horribilis, tamén propiciou o nacemento de novos proxectos.

Helena crea Ferro, Federici a partir da relación entre o corpo da muller, o Estado e o traballo. Diana crea The Witch, un espectáculo ritual, a partir da investigación sobre a caza de bruxas. Helena experimenta co corpo en movemento, a performance e a poesía. Diana experimenta co texto, as liñas temporais, os rituais e o vídeo. Ambas reflexionan sobre a situación actual das mulleres, atendendo á historia da caza de bruxas dende unha perspectiva ora simbólica e somática, ora folklórica e cómica; unha historia clave para saber de onde vimos e cara onde imos como colectivo.


the_witch


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal