A Xunta de Galicia afronta a recta decisiva do programa para creadores noveis Xuventude Crea 2020, que na edición deste ano bateu récord de participantes con 486 mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 30. Esta semana terá lugar a fase final de Teatro, unha das catorce especialidades do certame xunto con Artes plásticas —Escultura e Pintura—, Banda deseñada, Cociña, Danza moderna, Deseño de xoias, Poesía, Videocreación Fotografía, Graffiti, Moda, Música e as dúas novas disciplinas que incorpora este ano o programa: Novela curta e Creación de videoxogos.
Ao escenario do Salón Teatro da capital galega subiranse os días 26, 27 e 29 de outubro os seis grupos finalistas da especialidade da arte escénica.
26 de outubro
17:00 h Molesto Teatro, coa obra Déixame entreterte (Vigo - duración 60’)
20:30 h - Vai no dentista, coa obra Fóra de xogo (Santiago - duración 50’)
27 de outubro
17:00 h - Teatro do Ar, coa obra Lume (Nigrán - duración 1 h15’)
20:30 h - Lohengrin Teatro, coa obra Coa mirada na súas mans (Vigo - duración 40’)
29 de outubro
17:00 h - Os Palimoquiños e Cía., coa obra Os miserables (Lugo - duración 1h 10’)
20:30 h - Farándula Velutina, coa obra Animais de compañía (Corcubión - duración 50’)