Teatro visual • Monicreques de tamaño humano • Cine ao vivo • Música en directo •
O íntimo faise público
Acompañados pola música en directo do Trío Caspervek, Cinema Sticado volve á carga cunha emocionante viaxe polo íntimo da memoria a través dunha ollada poética que recorda, que descobre, que transforma.
PYKA é a historia e o remake dunha película desaparecida. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación do director de cine Sergei Eisenstein, en colaboración con Olga Lebèdev, e da cal só queda un documento sonoro e o seu título: PYKA.