Cine ao vivo • Performance • Monicreques • Obxectos • Sombras • Proxección de video • Imaxe, son e música en directo •
Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras. Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada. Quererás ver máis.
Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.