O proxecto consta de tres fases: recompilación de material escrito, plástico ou audiovisual; edición, disposición, creación e exposición dese material e creación do traballo escénico para interactuar coa exposición.
Partindo da obra A nosa especie, escrita polo profesor de antropoloxía Marvin Harris, Teatro Ensalle formulou preguntas (sobre política, ecoloxía, economía, educación, existencialismo...) a artistas e cidadáns, entre eles creadores da talle de de Antonio Sarrió, Carlos Sarrió, Sergi Fäustino, Terrorismo de autor, AveLina Pérez, Carmen Werner, Arbey Rivera, La mirada de ellas, Criticxs Atónitxs… As respostas acadadas en diferentes formatos son a fonte da que se nutre o espectáculo asinado e interpretado por Pedro Fresneda, Raquel Hernández e Artur Rei.