Dirección: Xúlio Lago
Elenco: María Barcala, Aleixandre Lago, Xúlio Lago
Co recurso da voz, do corpo e mais da música, preténdese dar eco á palabra poética na lingua na que foi creada, e abrir un espazo para a comunicación de emoción, reflexión e beleza.
Desde o eido da poesía aparecen e ocupan o seu lugar o amor, a relación coa terra e a paisaxe, co campo e coa cidade; a loita social, a violencia de xénero, a dura travesía dos expatriados; a guerra; o espazo dos soños….; cuestións que esixen ser abordadas desde o horizonte de Galicia e da lingua galega. Nesta intensa e emotiva viaxe acompáñanos a palabra de vinte e dous poetas:
O.Kayyám/Plácido Castro: Rubaiyat (escolma)
Uxío Novoneyra: Os eidos (escolma)
Marta Dacosta: A auga foi muller / Exhibo o meu corpo / 21 anos
Eduard Velasco: Eu quería escribir sobre o lugar
Fiz Vergara Vilariño: Tivera eu, amor
Sophia De Mello: Polas túas mans / É o teu rostro
Inma López Silva: Unha burbulla de amor cósmico
Manolo Rivas: A negra terra / Televisión / Fonema
Eduardo Blanco Amor: Romance de outono
Xúlio L.Valcárcel: Olores / Naemor Kabull
Antía Otero: Antes / As casas deixan cicatrices / Sabes cando nas mudanzas
Salvador García Bodaño: Nacín no piso vinte
Pilar Pallarés: Á tarde, cun can e un libro
Luísa Villalta: E estoupa o día
Xosé Mª Álvarez Cáccamo: O Banco Mundial
Olalla Cociña: Formula o seu desexo
Enma Pedreira: Cinsenta / O traxe novo do emperador
Miguel A. Fernán Vello: Os repatriados
Xosé L. Méndez Ferrín: Estirpe / Quero vivir
Avilés de Taramancos: Se solto a voz no mar
Álvaro Cunqueiro: Deloutro lado das montañas
Eva Veiga: Meu avó dixo
Espectáculo poético-musical (O noso agradecemento a Antonio Francisco Simón, Tino Viz e Loli Viñas pola súa colaboración).