AGADIC

Centro Dramático Galego


MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de SÉS

CENTENARIO SALÓN TEATRO 1920—2020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

SÉS presenta o seu último traballo discográfico, "LIBERAR AS ARTERIAS", co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha selección de cancións con letra e música composta pola propia SÉS.

O estilo de SÉS mestura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’ n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reivindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.

Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira. SÉS converteuse nunha das artistas de maior éxito en Galicia polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dúbida a leva a conquistar outros territorios.


Ficha artística:
DÚO ACÚSTICO
MARÍA XOSÉ SILVAR "SÉS" Guitarra, percusión e voz
TITO CALVIÑO Guitarras

ses_300


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal