AGADIC

Centro Dramático Galego


XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) en colaboración coa Xunta de Galicia

O Salón Teatro, xunto co Teatro Principal de Santiago de Compostela, acollen a representación das obras finalistas da XIX edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) en colaboración coa Xunta de Galicia.

As obras que participan son cada ano seleccionadas por un xurado e representan as propostas máis interesantes dos grupos federados das catro provincias galegas. Deste xeito, o festival actúa de estímulo á creación, a innovación e á mellora da calidade do teatro amador galego. Como principais novidades este ano, o primeiro día dedicarase ao microteatro e o domingo 6, ás 12.00h, terá lugar unha representación para público familiar.

Programa no Salón Teatro:

Sábado 5
18:00h | Lume de Teatro do Ar
Historia envolta en mitoloxía e realismo máxico que impregna cada relación de amor e amizade, unha loita entre tradición e modernidade.
Todos os públicos.

Domingo 6
12:00h | A mirada das bolboretas a cargo de Lohengrin
Oso Mauro busca unha aperta distinta. Agora máis que nunca, que estamos escasos delas...
Teatro para público familiar

18:00h | Final de película a cargo de Ateaco
É de madrugada, a última sesión dun antigo cine. Os asistentes parecen confusos, mestúranse as ilusións coas decepcións...
Público + 14 anos

As representacións serán de balde, coincidindo co vinte aniversario do nacemento de FEGATEA, pero haberá que retirar as entradas dúas horas antes do espectáculo no despacho de billetes.


19_agustin_magan


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal