Creación de María Ángeles Iglesias
Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada.
Decide, entón, concretar unha fantasía e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.
Para o acceso ao teatro deberá cumprirse a ETIQUETA SANITARIA: máscara hixiénica, limpeza de solas nos felpudos colocados a tal efecto e desinfección de mans á entrada e saída. No caso de presentar síntomas compatibles coa covid-19 ou tela diagnosticada non se deberá acudir ao teatro.