Dramaturxia: Santiago Cortegoso
Dirección: Marián Bañobre
O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premio como única fórmula de conseguir a felicidade.
O Premio é un reallity en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: "Morrer logrando a fama. Todo por un soño".
- - -
Nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións mergulle ao país na "crise ao cubo" aos dirixentes da nación española, ocórreselles unha insólita e popular medida: crear o xogo da túa vida.
ASÍ TODOS GAÑAN:
1
Afórranse os gastos que esa persoa vai ocasionar ao estado.
2
Xéranse ingresos millonarios por parte dos patrocinadores e publicidades.
3
O concursante poderá cumprir os seus soños.
4
Unha causa nobre beneficiarase con 5 millóns de euros.
Tres concursantes escollidos entre o público cada semana.
O público decidirá "en directo". Ti elixes!
Queres ser o gañador de O Premio?
Queres dar a túa vida por un soño?
Ti pos o precio!