4 segundos foi o tempo que lle levou a ese montón de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluiuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, da vida e do autocoñecemento. 4 segundos lémbranos ao animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida. ​
Sobre o escenario no medio dunha néboa densa aparécense dúas figuras humanas, Ela tumbada sobre el, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Sen embargo hai algo estrano nas súas miradas. Xa nunca volverán a ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia trascendental que lles cambiará a vida.