Dirección: Diego Freire
Elenco: Diego Freire e Beatriz Bravo
A peza Todas as marabillas do mundo presenta a unha personaxe fascinada pola beleza do mundo e as súas marabillas. Unha personaxe que desexa máis que nada coñecer e gozar de todas as cousas fermosas que o noso planeta nos regala.
Un día descobre que as marabillas son tantas e o mundo é tan grande que non tería nin o tempo nin os cartiños para poder gozar de toda esa fermosura. Así que sinte unha tremenda frustración. Deberá aprender a convivir coa ela! Durante esa aprendizaxe tamén descubrirá que ten moitas emocións no seu interior e que as veces é un lío levarse ben con todo o que vive na súa cabeza. O sentido común, o aburrimento, a vergoña, a alegría, a tristeza, a ira, a paz interior, entre outras emocións tamén serán personaxes do espectáculo.
O texto trata de achegar ao público, desde unha perspectiva lúdica a importancia de coñecer, identificar e convivir cos seus sentimentos, facendo especial énfase na xestión da frustración.
A música, a interacción co público, e unha sinxela pero coidada estética (que xogará coa cor, a luz e as sombras e a natureza) sinais de identidade da compañía son parte fundamental da proposta.