AGADIC

Centro Dramático Galego


Estrea do documental La gran boda 2.0


A recoñecida Familia Villacastín (do Barrio de Chamberí) casará ao seu fillo pequeno Jacobo, coa filla pequena da Familia Pereiro, Sabela (da Galicia profunda). Para iso contrataron un wedding planner, un wedding cátering, camareiros, azafatas …. Pero non saben que o programa de grande éxito "Vodas en Directo" veu a gravar o Gran evento!

A "Gran Boda 2.0" é unha comedia que reflexiona sobre o concepto de diversidade e ten como obxectivo dar un paso no camiño cara á inclusión social.

"La Gran Boda 2.0" é a continuación dun proxecto de teatro inclusivo "La Gran Boda" que tivo lugar en xullo de 2017 na Coruña. Por primeira vez na Coruña, houbo un espectáculo na rúa con tantos actores (47) e cun amplo abano de idades e diferenzas.

Grazas á III Convocatoria de Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e á colaboración co CDN, viaxamos coa familia da noiva dende Galicia e xuntámola coa familia do noivo, madrile. 70 actores con e sen diversidade funcional (afeccionados e profesionais) que actuaron o pasado 22 de xuño na fachada do Teatro Valle-Inclán no Festival Una Mirada Diferente do CDN na convocatoria RETO.

Gravouse un documental de todo o proxecto que se estrea no Salón Teatro do CDG.


Ficha artística:
Elenco: 70 actores
Creación: Colectiva
Equipo Creativo: Esther Aja, Rolando San Martín e Victoria Teijeiro
Vestiario: La Quinta del Arte e CDN
Comunicación: La Quinta del Arte e CDN
Realización e documental: J.S.Raimundi e David Mon (Kaito Producciones)
Música: Grupo de pandereteiras Asociación Rosalia de Castro
Coordinación: La Quinta del Arte
Dirección: Victoria Teijeiro

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal