Luns 30
20:30 h | Carole Roussopoulos 1
> SCUM MANIFESTO 1967
SCUM manifesto 1967
Carole Roussopoulos, Delphine Seyrig
1976 | 27:25 | Francia | DOC | B&N
Unha lectura en escena do libro de Valerie Solana Manifiesto SCUM (1967) contra un fondo no que se vén televisións emitindo boletíns de noticias: unha denuncia dunha sociedade dominada por imaxes "masculinas" de acción "viril", substitutos da importancia real dos homes.
> CHRISTIANE ET MONIQUE LIP V
Carole Roussopoulos
1976 | 30:25 | Francia | DOC | B&N
Monique (unha axudante de publicidade) e Christine (unha traballadora non cualificada) falan do difícil que é todo para unha muller que traballa nunca fábrica en problemas (Lip). Falan de problemas de democracia interna dentro do sindicado e da fin do traballo na situación actual.
> Y’A QUE’À PAS BAISER!
Carole Roussopoulos
1971 | 17:00 | Francia | DOC | B&N
Este documental sobre o aborto foi realizado mentres este aínda era ilegal en Francia. Céntrase en por que as mulleres deciden non ter o seu fillo e como se realiza un aborto seguindo o método Kaman. A película tamén amosa a primeira manifestación de mulleres a favor do aborto que tivo lugar o 20 de novembro de 1971.
19:30 h | Café con CREA | 'Novo Cinema Galego: homoxéneo ou heteroxéneo?'
Eventos
A asociación CREA vólvese xuntar arredor dun café para debater sobre o Novo Cinema Galego. "Novo Cinema Galego: homoxéneo ou heteroxéneo" é o nome desta conversa na que falaremos sobre a corrente artística máis prolífica do cinema galego. Unha ollada aos últimos dez anos coa intención posta en analizar se o movemento segue a repetir as súas primeiras formulacións ou se ten avanzado na década pasada.
Modera: Fon Cortizo
Participan: Anxos Fazáns, Álvaro Gago (seleccionados en Planeta GZ)
Martes 1
19:00 h | Filmmakers x Filmmakers 2
> WERNER HERZOG EATS HIS SHOE
Werner Herzog cómese o seu zapato
Les Blank
1980 | 20:00 | EUA | DOC | COR
Si, o director de cine alemán cómese realmente o seu zapato para cumprir unha promesa que lle fixera ao seu amigo cineasta Errol Morris, exemplificando claramente a súa crenza de que a xente ten que botarlle valor a intentar conseguir os seus soños. Inspirador. Werner Herzog sigue adiante coa súa singular procura cinemática da verdade.
> DEBRA PAGET, FOR EXAMPLE
Debra Paget, por exemplo
Mark Rappaport
2016 | 36:00 | EUA | DOC | COR, B&N
Debra Paget foi unha intérprete contratada por 20th Century Foz, a quen adestraron e prepararon para a fama. Pero nunca chegou a impoñerse. Tal vez as películas non eran o bastante interesantes. Ou tal vez non destacou entre o resto dos protagonistas. Ou o estudio non se preocupou o suficiente pola súa imaxe. Tivo un percorrido de 10 anos durante os anos 50 como estrela cuxo nome era máis importante que o título, pero abandonou as pantallas con 29 anos, e nunca voltou. Unha reconsideración da súa carreira e da réplica fetichista dalgunhas das súas películas. Incluso o recordo e a esencia de estrelas menores pode afectar á vida das persoas...
> MEET MARLON BRANDO
Albert Maysles, David Maysles, Charlotte Zwerin
1966 | 28:00 | EUA | DOC | B&N
Coñece a Marlon Brando é un pracenteiro retrato inusualmente sincero da estrela de cine de fama mundial. Un enfrontamento coa prensa. Mentres os reporteiros de televisión o entrevistan sobre a súa película máis recente, Brandon responde as súas preguntas fútiles con enxeño e perspicacia, un home que non está disposto a venderse. "É un espectáculo marabilloso", comenta unha muller sobre o seu novo proxecto. "Víchela?", pregunta el. Non, aínda non a vin". "Entón como o sabes?" Sempre sorrindo e nunca modesto, Marlon brando brilla nunha das súas actuacións máis reveladoras.
19:30 h | Carole Roussopoulos 2
AS NAIS ESPAÑOLAS
Carole Roussopoulos, Ioana Wieder
1975 | 59:17 | Francia | DOC | B&N
Varias horas despois da execución de Sánchez Bravo, a súa irmá fala sobre a súa última noite. A nai de Otaegui fala da vida do seu fillo e da derradeira vez que falou con él. A nai de Txiki fala da solidariedade da súa aldea, na que leva vivindo 11 anos, unha viúva con 7 fillos. Denuncia o xuízo "fantasma", a tortura e o asasinato do seu fillo.
20:30 h | Café con AGAG | 'Escaletando o intanxible: o guión nas narrativas experimentais'
Eventos
Un café, un moderador e unha charla aberta a todo tipo de miradas. Baixo a epígrafe de 'Escaletando o intanxible: o guión nas novas narrativas experimentais', trataremos de dilucidar os distintos procesos de escritura cos que se aborda unha obra de carácter experimental. En contraposición á narrativa clásica aristotélica, debateremos sobre o guión como ferramenta nunhas pezas difíciles de atinxirse nas marxes do papel.
Modera: Marcos Nine
Participan: Dani Viqueira, Lucía Estévez, Sol Mussa (seleccionados en Planeta GZ e Supernova) e Paulo Rubal (Xurado AGAG).
Mércores 2
19:00 h | Supernova
> O QUE MEDRA POR DENTRO
Nacho Ozores
2018 | 17:00 | Galicia | FIC | COR
Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a punto de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable disto tratando de solventar ese anterior intento fallido. Cris fará o posible por impedilo de novo.
> O ENTERRADOR BEJINS
Alejandro Sixto García
2019 | 29:56 | Galicia | FIC, EXP | COR
A funeraria Ruibal vese ameazada pola chegada da familia rusa smirnoff que tamén ten como negocio familiar o dos enterros. O Sr.Ruibal, xefe da familia local, xunto cos seus dous fillos, trata de expulsar pacificamente aos rusos, mais estes resultan ser moito máis perigosos do que se esperaban e as negociacións non saen como se planearon.
> HOY NO VA A LLOVER
Hoxe non vai chover
Lautaro Herrera Batallán
2019 | 11:57 | Galicia | FIC | COR, B&N
20 años despois de que Carlota entrase en coma, os seus pais Antonio e María viven hoxe sen apenas mirarse, o único que os mantén unidos é a súa filla. El, gafe e firme defensor da cultura do non esforzarse, espera que un golpe de sorte lle cambie a vida. Ela, severa e dona da casa, vive esperando a que el se vaia da súa casa. O seu día a día é aburrido, pero en calquera momento todo pode cambiar. A sorte e a morte poden aparecer en calquera momento. Será este o día?
> 1 DE 8000
Marta Valverde
2019 | 08:36 | Galicia | DOC, EXP | COR
Papá traballa nunha fábrica facendo pezas de motores de coche. Exactamente 8000 pezas diarias. Papá non acaba de entender que fai a súa filla cunha cámara, pero sabe que, ao final, o que queren, son máis pezas.
> LA MAGDALENA DE PROUST
A magdalena de Proust
Adela Dávila
2018 | 12:05 | Galicia | EXP | COR
Unha fotografía é unha comparación entre o tempo presente e o tempo pasado pero, é o momento rexistrado igual ao momento vivido? As lembranzas establecen unha fronteira, un punto de xiro que nos envorca a vida. Rodeámonos da súa forma material para darlles un lugar onde habitar, para que tamén eles nos habiten a nós.
> A NINGUNA PARTE
A ningunha parte
Pedro Vilas
2019 | 11:37 | Galicia | FIC | COR
Carla sae unha noite de festa. De volta a casa atópase a unha chica aturdida á que intenta axudar. Afróntase, entón, a unha siituación inesperada na que sae a flote unha parte da súa personalidade que estaba durmida.
> O QUE PRECEDE A CAÍDA É BRANCO
Aldara Pagán
2018 | 08:28 | Galicia | FIC, EXP | COR
Un irreductible alento de loucura intermitente desquicia o seu pensamento, aínda cálido, descubrindo unha sensación insoportable de abandono idealizado.
> CASTING
Lucía Estévez
2019 | 12:25 | Galicia | DOC | COR
O grupo de teatro Muxicas é un colectivo artístico formado na súa maioría por actrices e actores con cegueira ou cunha discapacidade visual grave. Con esta peza tratamos de reflexionar sobre a ausencia das persoas con cegueira no panorama audiovisual galego, concretamente no eido interpretativo.
> STOCKROOM
Almacén
Sol Mussa
2019 | 11:22 | Galicia | DOC, EXP | COR
Curtametraxe de xénero documental que mestura imaxes dun almacén de traballo con exteriores de Londres. Retrátanse as dificultades da cidade a través dos traballadores do almacén, os propios pensamentos de alguén que está vivindo o cambio ao novo lugar ou do Brexit. As imaxes están tratadas de forma experimental e permiten falar da memoria e dos cambios.
> A TYPICAL MORNING
Unha mañá típica
Arancha Brandón
2019 | 07:00 | Galicia | DOC, EXP | COR
Tras o encontro de dous animais no río, cóntanse lendas familiares e lembranzas da infancia no rural galego dos anos 60. Unha viaxe surrealista entre o pasado e o presente a través das vivencias da nai da directora.
Xoves 3
19:00 h | Curmaos
> RIO ENTRE AS MONTANHAS
Río entre as montañas
José Magro
2018 | 09:46 | Portugal | FIC | COR
Igual que un mozo comeza a amar, un río ten que atopar o seu camiño a través das montañas.
> FLUTUAR
Flotar
Artur Serra Araújo
2018 | 13:06 | Portugal | FIC | COR
Nunha agradable noite de lúa chea, un grupo de amigos está a xogar ás cartas nunha terraza con vistas á praia. Na distancia, no mar aberto, nalgún lugar entre o erotismo e a violencia, dúas mozas flotan sobre a mesquindade das súas conversacións e o absurdo das súas accións.
> FORDLANDIA MALAISE
Fordlandia Malaise
Susana de Sousa Dias
2019 | 41:00 | Portugal | DOC | B&N
Forlandia Malaise é unha película sobre o pasado e o presente de Fordlandia, a cidade empresa fundada por Henry Ford na selva do Amazonas no 1928. A súa intención era desarticular o monopolio británico do caucho e producir este material en Brasil para a súa produción de coches nos Estados Unidos. Hoxe en día, os restos das construcións dan fe da magnitude do fracaso desta empresa neocolonialista que durou menos dunha década.
20:30 h | Penínsulas 1
> LA CASA DE JULIO IGLESIAS
A casa de Julio Iglesias
Natalia Marín
2018 | 12:00 | España | DOC, ANI | B&N
No ano 2001, o goberno de Shangai quixo construír unha réplica de España. Ante o problema de resolver "Que é España? Como é unha casa española?" Os arquitectos locais responderon de forma automática: España é Julio Iglesias.
Estrea en Galicia
> URPEAN LURRA
Terra baixo a auga
Maddi Barber
2019 | 50:24 | España | DOC | COR
Hai case dúas década o pantano de Itoiz inundou sete aldeas e tres reservas naturais nas ladeiras do Pirineo navarro. O grupo ecoloxista Solidari@s con Itoiz documentou en vídeo a loita contra a súa construción. Hoxe, aqueles que estiveron alí soñan coa terra que permanece baixo a auga. As súas voces e xestos entrelázanse para dar conta dun duelo individual e colectivo que se estende ata o presente.
Estrea en Galicia
> HUILE SUR VENT
Óleo sobre vento
Alejandro Pérez
2018 | 19:38 | Suíza, España | DOC | COR
Sobre unha paisaxe de auga e vento un solitario señor recolle as olivas dun illote inundado dende hai décadas.
Venres 4
17:00 h | Masterclass con Joan Fontcuberta | A fotografía no purgatorio
Actividades
19:00 h | Carole Roussopoulos 3
CAROLE ROUSSOPOULOS, UNE FEMME À LA CAMÉRA
Carole Roussopoulos, unha muller coa súa cámara
Entrada de balde, previa retirada da mesma na billeteira do Teatro Principal
Emmanuelle de Riedmatten
2011 | 76:00 | Suíza | DOC | COL, B&N
Un retrato de Carole Roussopoulos (1945-2009), pioneira co formato vídeo en Francia a principios dos 70. Mediante extractos das súas películas, imaxes de arquivo, e de entrevistas con familiares e amigos, o itinerario dunha loitadora que gravou o Movemento pola Liberación da Muller, ocupacións de fábricas, e as primeiras peticións de dereitos para os homosexuais, e quen, durante a súa vida, deu voz aos participantes descoñecidos (á "xente sen voz") das loitas sociais e dos movementos pola emancipación.
20:30 h | Penínsulas 2
> XIAO XIAN
Jiajie Yu
2019 | 17:06 | España | FIC | COR
Xiao Xian recibe o encargo de terminar un vestido. A súa nai decidiu que esa noite adicarase a iso por completo e ela, coma sempre, obedece. Sheng Xia, a súa mellor amiga, preséntase de súpeto na súa casa para convencela de saír con ela de festa. Xiao Xian acepta sen imaxinar o que terminará sucedendo esa noite.
Estrea en Galicia
> SUC DE SÍNDRIA
Zume de sandía
Irene Moray
2019 | 22:33 | España | FIC | COR
Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade. Co apoio de Pol, en medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, a sanar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.
> RAROTONGA
Àlex Brendemühl
2019 | 12:00 | España | FIC | COR
Dous homes e unha muller emprenden unha absurda fuxida cara unha illa remota: Rarotonga sexa o seu nome. A promesa dunha vida mellor.
Estrea en Galicia
> LEYENDA DORADA
Lenda dourada
Chema García Ibarra, Ion de Sosa
2019 | 13:03 | España | FIC | COR
É un día de verán na piscina municipal de Montánchez (Cáceres). Nas alturas, a Virxe da Consolación do Castelo mantén o seu ollo vixiante.
Estrea en Galicia
Sábado 5
21:00 h | Blixa Bargeld
Música
Apertura de portas ás 20:30 h | 18 €
Blixa Bargeld (Berlín Occidental, 1959) é guitarrista, compositor, intérprete, actor e poeta. En 1980 fundou o grupo EINSTÜRZENDE NEUBAUTEN, do que segue sendo líder e vocalista. De 1984 a 2003 foi tamén guitarrista e segunda voz dos lendarios Nick Cave and The Bad Seeds. Actuou en numerosos concertos por Europa, América do Norte e do Sur, Australia e Xapón. Ao largo da súa carreira exerceu de compositor, cantante, músico, intérprete, autor, actor, director e ponente. Durante os últimos anos traballou nunha serie de performances coa súa voz e toda clase de complementos electrónicos, xunto ao enxeñeiro de son de Einstürzende, Boris Wilsdorf.
Recentemente publicou Europa. Una letanía (Hurtado e Ortega Editores, 2019), que xorde a partir dunha xira en 2008, na que o autor percorre Europa, obsérvaa e retrátaa como unha cidade eufórica e aburrida de sí mesma que comeza a gretarse.
SOLO VOCAL PERFORMANCE
Na súa Solo Vocal Performance, Blixa Bargeld explora os límites da comprensión do oínte de termos como "discurso", "son" e "música". O público é testemuña da distintiva voz de Blixa mentres crea arquitectura acústica, esferas sonoras e criaturas cacofónicas a partires de elementos esenciais de frases, palabras e sílabas considerados como "non musicais". Murmurios e berros, sons agradables e indescifrables que se unen para formar unha composición de dimensións orquestrais que consiste totalmente de gravacións ad hoc da voz de Blixa Bargeld. O equipo usado é mínimo: o artista actúa só sobre o escenario, con catro pedais e un micrófono. Non hai mostras gravadas previamente, nin pistas de acompañamento. Todo o que escoita a audiencia é creado en directo sobre o escenario. Durante o transcurso da velada a voz de Bargeld demostra que é capaz de crear creacións acústicas case imposibles, utilizando teoría científica, ideas poéticas e xogos filosóficos, todo presentado baixo o elegante e irónico estilo de Bargeld.
Domingo 6
19:00 h | Filmmakers x Filmmakers 4
A.K.
Chris Marker
1985 | 85:00 | Francia, Xapón | DOC | COR
No 1984, Akira Kurosawa foise ás ladeiras do monte Fuji para gravar Ran, unha transposición na Idade Media xaponesa de O Rei Lear de Shakespeare. Chris Marker seguiuno para gravar A.K., unha obra a medio camiño entre un diario de rodaxe e un retrato. Ofrecéndonos unha ollada humilde pero distanciada dos métodos duna das persoas que el considera que esta entre os mellores cineastas vivos, descúbrenos a súa perentoria mestría.