AGADIC

Centro Dramático Galego


WOS FESTIVAL X SON ESTRELLA GALICIA


WOS Festival x SON Estrella Galicia celébrase desde fai seis anos cada mes de setembro nunha ducia de localizacións excepcionais da cidade de Santiago de Compostela.

O evento supón unha auténtica ruta arquitectónica e turística pola cidade, enhebrada por un programa de propostas en torno ao risco, a exploración, a arte contemporánea e dixital, o contraste entre tradición e innovación, e o diálogo entre disciplinas. A programación consta de preto de medio centenar de actividades, repartidas ao longo de cinco días.

Programación no Salón Teatro:

> Venres 13, ás 21 h

RENICK BELL / USA / JP

Renick Bell, residente en Tokio desde fai case quince anos, é un dos membros máis destacados do movemento algorave, que improvisa música xerada algoritmicamente mediante a codificación en vivo con software de código aberto escrito por el mesmo. Cada actuación é nova e única, nunca antes escoitada, nin sequera polo propio Bell, e a súa programación en vivo é proxectada para que a audiencia poida vela.
Bell, doutorado na Universidade de Tokio e profesor na universidade xaponesa, colga a miúdo o cartel de entradas esgotadas en lugares como Londres ou Moscova, e foi seleccionado por Aphex Twin para comisariar a súa festa The Warehouse Project, que terá lugar en Manchester o 20 de setembro de 2019.
En 2018 Bell publicou dous discos, ‘Wary’ no selo Halcyon Veil e ‘Turning Points’ en Seagrave Records. Este último foi clasificado entre os mellores álbums do ano por numerosos medios, como FACT Magazine, a revista Dazed ou o propio Bandcamp.

> Sábado 14, ás 19 h

KALI MALONE (US/SE)

Afincada en Estocolmo, Kali Malone é unha compositora e música estadounidense que crea monólitos sónicos que rachan o propio material de escoita. A través da síntese analóxica e dixital, e dentro de marcos de composición con afinacións únicas e fenómenos psicoacústicos, o minimalismo escuro de Malone mantén unha certa gravidade, mesmo cando o chan empeza a virar. A través dos seus tres álbums Malone explora a interacción dentro da instrumentación electroacústica: instrumentos de vento de madeira xunto a un sintetizador Buchla 200, cuartetos de corda con ondas sinusoidales ou un órgano de tubos microfoneado. As ricas texturas harmónicas de Malone emiten un ton emotivo e distintivo que xera unha profundidade de campo cativadora e sorprendente. O traballo de Malone presentouse en Berlin Atonal, Moogfest ou Cafe Oto, é colaboradora habitual de Caterina Barbieri baixo o alcume de Upper Glossa, da sueca Ellen Arkbro, e participa no proxecto de ruído Sorrowing Christ. Ademais da súa práctica musical, Malone codirixe a discográfica e a serie de concertos XKatedral. Acaba de publicar ‘The Sacrificial Code’ (xuño de 2019) en iDEAL.

> Sábado 14, ás 21 h

HELM & TATSUYA FUJIMOTO / UK / JP

Helm (Luke Younger) é considerado unha voz crucial na música experimental contemporánea. Cunha paleta baseada na electrónica no seu sentido máis amplo, o traballo de Helm está marcado polas emocionantes incógnitas da exploración no son, e ao tempo equipado cunha actitude temeraria. As composicións de Younger constrúen densas paisaxes auditivas que incorporan elementos de música concreta e música industrial xunto a drons alucinantes e diversos fenómenos acústicos. O resultado é unha música eufórica e impulsada por unha narrativa, pero con características desasosegantes. Helm dirixe o selo Alter, aínda que gran parte do seu traballo apareceu na venerada discográfica PAN, e é DJ residente en NTS Radio onde presenta o seu programa " After Dark" desde 2016. Estará en WOS presenando o seu novo disco " Chemical Flowers" (PAN, maio de 2019), por primeira vez con visuais en vivo de Tatsuya Fujimoto.
Tatsuya Fujimoto é un artista visual xaponés cuxo traballo busca xerar incomodidade expresando o rexeitamento a un sentido universal a través de microscopios e tomas macro. O seu punto de vista único convídache a vivir o seu mundo extraordinario, evocando sensacións de ser tragados pola natureza. Colaborou entre outros con Ryo Murakami, Constantine e Ben Chatwin e participou en festivais como Berlin Atonal, Venice Biannale ou Mutek Jp. O traballo de Fujimoto matiza a percepción do normal e o repugnante desde unha perspectiva moi persoal.


wos


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal