AGADIC

Centro Dramático Galego


Galicia Escena PRO: A compañeira de piso

CONTRAPRODUCIÓN

Autoría: Jen Silverman
Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó

Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.


Ficha artística:
Autoría: Jen Silverman
Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó
Tradución: Lilian Portela
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Belén Pichel
Música: Guillerme Fernández
Elenco: Patricia Vázquez e Rebeca Montero
Espectáculo coproducido por Contraproducións e o Centro Dramático Galego (Agadic)

Teatro
Público adulto
90 minutos

LOCALIDADES:
Entrada libre ás funcións para público xeral despois do acceso dos profesionais acreditados e ata completar a capacidade da sala. Previa recollida de localidades no despacho de billetes, aberto desde unha hora antes de cada función.

a_companeira_de_piso


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal