Autoría: Charlotte Perkins Gilman
Dirección: Tito Asorey
O empapelado amarelo é un espectáculo unipersoal baseado no relato autobiográfico homónimo da escritora Charlotte Perkins Gilman, un referente feminista na literatura universal que pon en cuestión as estruturas heteropatriarcais que perviven na nosa sociedade.
A Quinta do Cuadrante escolleu esta historia como punto de partida para a creación dun espectáculo que dialogue, desde o noso século XXI, coas palabras da autora, reflexionando escenicamente sobre a necesidade de continuar, 150 anos despois da súa publicación, coa loita incesante pola liberdade da muller e pola defensa da creatividade e a imaxinación como elementos indispensables para a construción dunha personalidade completa.