Autoría: Cris Vilariño, Nuria Sotelo, Andrea Quintana e Rebeca Carrera
Coreografía: Rebeca Carrera, Andrea Quintana, Nuria Sotelo e Cris Vilariño
Peza de danza-teatro cun equipo artístico e técnico composto por mulleres creativas e libres que toman como inspiración a figura e obra da grande artista Maruja Mallo.
A Gala nace coa vontade de recoñecer e dar a coñecer esta pintora compoñente do movemento de Las Sinsombrero, que abrangue as mulleres da Xeración do 27, esa fracción da Xeración do 27 que non aparecía nos libros de texto cando nós estudabamos.
O punto de partida é a gala de conmemoración dos 117 anos do nacemento da artista Maruja Mallo (e 24 anos despois da súa morte). A partir de aí, as tres intérpretes viaxan co seu corpo, movemento e voz a través do universo artístico e vital da pintora e dos seus propios, establecendo puntos de conexión entre tempos e espazos aparentemente afastados.