AGADIC

Centro Dramático Galego


Galicia Escena PRO: Mai Mai

BAOBAB TEATRO

Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Mai Mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falta de comida e os problemas ocasionados polo quecemento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar…

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a cobiza, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e que nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.


Ficha artística:
Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira
Iluminación: Daniel Abalo
Son: Daniel Abalo
Vestiario: Óscar Ferreira
Monicreques: Óscar Ferreira e José Manuel Vidal
Música nana: Davide González
Voz nena: Sofía Fernández
Proxección audiovisual: Ana Tasende
Elenco: Xosé Manuel Esperante, Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Distribución: Culturactiva e Baobab Teatro
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais - Agadic

Teatro
A partir de 5 anos
50 minutos

LOCALIDADES:
Entrada libre ás funcións para público xeral despois do acceso dos profesionais acreditados e ata completar a capacidade da sala. Previa recollida de localidades no despacho de billetes, aberto desde unha hora antes de cada función.

mai_mai


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal