AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Obras: Neorretranca e posmorriña

De Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte
Gena Baamonde, directora

FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON
Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte.
Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES.
As vellas botan "gasofa" na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta.

BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA
O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega.

Encontros co público:
Os xoves ao finalizar a función

Domingos de conciliación:
Ademais, nas representacións dos días 14, 21 e 28 de abril, 5 de maio e 30 de xuño, o CDG desenvolve os seus Domingos de Conciliación, dirixidos a todas as persoas con nenos e nenas ao seu cargo que queiran asistir ao espectáculo. Esta iniciativa -incluída no prezo da entrada- consiste nun obradoiro de artes escénicas (con monicreques, teatro de sombras e moitos xogos máis), onde os rapaces e rapazas poden pasar unha tarde entretida mentres os seus maiores asisten ao espectáculo.

Duración aproximada: 3 horas e media. Máximo: 30 participantes. Servizo gratuíto, previa reserva no teléfono 881 867 229 de 9.00 a 14.30 h (de luns a venres, agás festivos) ou no correo-e centro.dramatico.galego@xunta.gal


Ler máis

neorretranca


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal