Texto: Montse Fajardo
Dirección: Marián Bañobre
Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais. Setenta minutos. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles.
A compañía
Redrum Teatro é unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros constituída en 2009. Dende a súa fundación non parou de producir espectáculos de diferentes formatos sempre, cun coidado concepto estético e artístico como selo persoal da compañía e cunha clara vontade de entreter.
Conscientes de que o teatro debe servir como instrumento social, terapéutico e pedagóxico, foise especializando en espectáculos didácticos dirixidos ao público infantil con textos da súa autoría, ao tempo que compaxina a súa produción con montaxes para o público adulto. Ademais, trata de facer un teatro lonxe de elitismos e inclusivo, que pretende abarcar un público de toda clase de condición social.