AGADIC

Centro Dramático Galego


GRUPO DE TEATRO DOWN COMPOSTELA: Todos os camiños levan a Santiago

Dirección: Lucas Herrados

O Camiño de Santiago, as múltiples rutas que conducen á tumba do Apóstolo, é o motivo elixido este ano polo Grupo de Teatro Down Compostela para representar a súa undécima obra.

Dirixidos por Lucas Herrados, nesta obra participan 19 mozos con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, que representarán sobre o escenario diferentes motivacións que teñen os miles de peregrinos que todos os anos visitan Compostela.

O humor e a ironía estarán tamén presentes nesta obra, na que os actores implicarán ao público como parte do espectáculo.


caminos_santiago


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal