Creación, dirección e interpretación: Cristina Balboa
O que segue é unha pregunta que tentarei responder de moitas maneiras ata que me dea de conta que non se pode. E entón será outra cousa. Pretende ser una peza marabillosa, un bo espectáculo, deses que os ves e flipas en cores. Durante os procesos véñenme á cabeza un montón de imaxes de éxito, recollendo premios, comendo en sitios con menú degustación, ríndome e explicando a todo o mundo o segredo do meu éxito. Logo, no real, pretendo ser modesta. Esas ensoñacións non son malas porque fan que busque o nunca visto, a idea perfecta e, ás veces pasa, así que hai que seguir intentándoo.