Por terceiro ano consecutivo, desde o Centro Dramático Galego queremos apostar pola creación de novos públicos, atendendo con especial esmero ás espectadoras e espectadores máis pequenos e tamén máis exixentes. Aproveitando que as nenas e os nenos teñen máis tempo no Nadal, ofrecémoslles algunhas das mellores propostas do noso teatro. Ademais, as acompañamos con talleres dúas horas antes de cada función, deseñados a partir do que se vai ver no escenario.
Así, as rapazas e rapaces poderán librarse dos seus pais e das eternas compras, aprenderán algo novo, entenderán moito mellor o espectáculo que van ver, e levarán a casa o resultado da súa actividade no taller.
OS FABULOSOS CLEANERS
Unha fantástica experiencia visual a partir de pompas de xabón para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. Pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. Un mundo máxico, cheo de cor e de moito, dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.
Sábado 29 de decembro ás 19.00 h e domingo 30 de decembro ás 12.30 h
+ Taller VISTO NON VISTO. As texturas e a luz
Os Fabulosos Cleaners ofrecen unha experiencia visual onde o creado non é tanxible nin permanente no tempo. Achegarémonos ao concepto de arte efémera, entendéndoa coma unha forma de expresión fugaz no tempo. No obradoiro investigaremos con diferentes materiais, texturas e iluminación a maneira de expresar e crear.
Sábado 29 de decembro de 17.00 a 19.00 h e domingo 30 de decembro de 10.30 a 12.30 h
* Non se require que un adulto acompañe ao menor durante o taller, pero si durante a función.
Prezos e venda de entradas:
Na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función
entradas.abanca.com ou no teléfono 902 43 44 43
Prezo xeral + taller gratis: 8,00 €
Prezo familiar + taller gratis 6,00 €: 3 entradas ou máis para a mesma ou distintas funcións
Imprescindible a reserva telefónica previa das prazas no 881 867 229 para os bonos. As prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar as prazas dispoñibles. Número de prazas dispoñibles: 20