Por terceiro ano consecutivo, desde o Centro Dramático Galego queremos apostar pola creación de novos públicos, atendendo con especial esmero ás espectadoras e espectadores máis pequenos e tamén máis exixentes. Aproveitando que as nenas e os nenos teñen máis tempo no Nadal, ofrecémoslles algunhas das mellores propostas do noso teatro. Ademais, as acompañamos con talleres dúas horas antes de cada función, deseñados a partir do que se vai ver no escenario.
Así, as rapazas e rapaces poderán librarse dos seus pais e das eternas compras, aprenderán algo novo, entenderán moito mellor o espectáculo que van ver, e levarán a casa o resultado da súa actividade no taller.
NÓMADES
O movemento, a música e a palabra convídannos a viaxar por paisaxes singulares. Somos nómades, transitamos sen morada nin corpo fixo. Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor aos outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e xeitos de vivir. Onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstrato.
Sábado 22 de decembro ás 19.00 h e domingo 23 de decembro ás 12.30 h
+ Taller VÍSTEME DESPACIO. O espazo escénico e o vestiario
O espazo, o vestiario e as cores definen o ambiente e condicionan a perspectiva de xénero. A través do espazo escénico, da creación de personaxes e do seu vestiario, crearemos escenas que rachen os estereotipos e roles de xénero.
Sábado 22 de decembro de 17.00 a 19.00 h e domingo 23 de decembro de 10.30 a 12.30 h
* Non se require que un adulto acompañe ao menor durante o taller, pero si durante a función.
Prezos e venda de entradas:
Na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función entradas.abanca.com ou no teléfono 902 43 44 43
Prezo xeral + taller gratis: 8,00 €
Prezo familiar + taller gratis 6,00 €: 3 entradas ou máis para a mesma ou distintas funcións
Imprescindible a reserva telefónica previa das prazas no 881 867 229 para os bonos. As prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar as prazas dispoñibles. Número de prazas dispoñibles: 30