Dirección e dramaturxia: Irene Moreira
Elenco: Álex Sobrino e Olga Cameselle
A nova proposta escénica de Xerpo Cultural fala da substancia interior do ser humano, a través da linguaxe poética e dunha dramaturxia das posibilidades ofrece á espectadora un lugar para a reflexión e para acción.
Por que a sociedade non é quen de detectar o talento? Ao mellor é porque non está conectada ca súa identidade. A identidade foise diluíndo en feitos maquinais como traballo, consumo, supervivencia… teremos que voltar militar no pensamento da acción e resisitir desde as vísceras, ou ao mellor temos que pensar outros mecanismos para non sentirnos fóra, na periferia perante un futuro sulagado.